A Festa Hortera do Son conmemora esta finde a troula charramangueira (con homenaxe a Tina Turner incluída)

01 Agosto 2023

A Festa Hortera de Porto do Son será un dos grandes puntos quentes da axenda festiva galega desta fin de semana de agosto. Celebrarase o días 3, 4 e 5 de agosto e promete ser, novamente, o principal marco de referencia da vertente charramangueira que todas e todos, en maior ou menor medida, levamos dentro. O programa vén con novidades moi importantes, sendo a homenaxe á mítica cantante recentemente falecida Tina Turner o principal fío temático da axenda (o tributo á intérprete de Simply the best, alma mater da celebración nas súas anteriores edicións, reflectirase nas actividades convocadas e, tamén, nos atavíos de boa parte das persoas participantes).

O programa complétase con concertos, baños de escuma, concursos de propostas charramangueiras e fogos de artificio. A festa comezará xa o día 3 de agosto, con actividades para a rapazada na praza de España (photocall, carreiras de tacóns e un concurso de karaoke). O venres abrirá cunha sesión vermú a cargo de Leite con Jalletas e, pola noite, está previsto un desfile charramangueiro amenizado por Paco de Leña e máis tarde por Malditos Pendejos. O sábado arrinca pola mañá cos Pequenos do Barbanza e a feira hortera abrirá as súas portas ás 11.00, con postos de produtos, photocall, obradoiros de globoflexia, inchábeis e un búfalo mecánico. Actuarán a charanga Os Pendellos e a banda Leite con Jalletas. De homenaxear a Tina Turner a todo trapo encargarase DJ Geno. Logo será a quenda de DJ Gabri e dun concurso de playback e unha sesión de fotos artificiais.

A Festa Hortera conta coa colaboración do Concello sonense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...