A Deputación e COGAMI asinan o convenio de colaboración para promover a inserción laboral de persoas con discapacidade

25 Agosto 2023

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente de COGAMI, o sonense Anxo Queiruga, reuníronse na sede da institución provincial para asinar o acordo de colaboración entre as dúas partes polo que a entidade provincial realiza unha achega de 105.000 euros.

Esta axuda supón un 22,5 % do orzamento de gastos do proxecto Servizo de Intermediación Laboral 2023, que ascende a 465.930 euros.

COGAMI desenvolve accións encamiñadas á mellora da inserción laboral das persoas con discapacidade, contribuíndo desde o ano 1996 a conseguir case 44.000 insercións laborais de persoas con discapacidade no territorio galego. No ano 2022 lográronse asinar un total de 901 contratos na provincia coruñesa.

O Servizo de Intermediación Laboral conta con mais 8.059 usuarios e usuarias na provincia da Coruña. No seu día a día realizan actividades como entrevistas ocupacionais, orientación e asesoramento laboral, intermediación laboral, xestión de ofertas de emprego, formacións, seguimentos das persoas xa inseridas, e itinerarios personalizados para a promoción da activación de busca de emprego.

O presidente da Deputación da Coruña subliñou a “importante labor social de integración que realiza COGAMI ano a ano, ofrecendo unha saída laboral e diferentes oportunidades formativas e informativas ás persoas con discapacidade”.

No que vai do año 2023 o servizo de emprego de COGAMI acadou en toda a Comunidade Autónoma un total de 1.800 insercións laborais. En concreto, na provincia da Coruña acadáronse as 875.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.