“75 anos de OMI, outros tantos de seguridade no mar”. Antón Luaces

08 Agosto 2023

No traballo no mar, tanto no transporte marítimo como no sector pesqueiro e, en boa medida, na navegación deportiva e mesmo na Armada, as siglas OMI (Organización Marítima Internacional) teñen unha fonda significación. De xeito especial  cando, como acontece actualmente, no seu 75 aniversario, se avían as celebracións o 26 de setembro de 2024 do Día Marítimo Internacional, data que xa ten aprobado o que será o seu lema: “Navegar no futuro: a seguridade, o primeiro”, un lema que reflicte o labor da Organización Marítima Internacional na percura de mellorar a seguridade e a proteción marítimas xunto coa proteción do medio mariño, fomentando ao mesmo tempo  que o seu proceso de desenrolo regulamentario se anticipe con seguridade ao rápido ritmo de cambio tecnolóxico e a innovación.

Creada en 1948 o obxectivo fundamental da OMI foi sempre a seguridade, con especial adicación a se anticipar aos cambios de adaptación ás tecnoloxías emerxentes e á innovación.

En 2024 cumpriranse os primeiros 50 anos da adopción do convenio SOLAS de 1974, o principal tratado do mar que regula a seguridade marítima.

A dixitalización e a automatización son pasos que revolucionaron o sector do transporte marítimo grazas ás novas tecnoloxías, a protección e a eficiencia, que optimizan o rendemento e o impacto medioambientaL ao tempo que garante a sostibilidade. 

Deste sector emana a eficiencia e a competitividade do transporte marítimo, porque as novas tecnoloxías afectan directamente á xestión dos buques de xeito máis eficiente na manipulación da carga, redución de custos e mellora da satisfación do cliente.

O transporte marítimo representa o 90% do comercio mundial e ven ser o modo de transporte menos prexudicial para o medio ambiente.

O lema “Navegar no futuro: a seguridade, o primeiro” inclúe a avaliación de riscos para a seguridade que conleva a introdución de tecnoloxías novas e adaptadas e de combustibles alternativos, así como a elaboración de medidas regulamentarias para facer fronte a eses riscos e, en última instancia, mitigalos.

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.