Rosana Pérez denuncia a concesionaria dos helicópteros de Servizo de Gardacostas polo que cualifica de “sistemáticos incumprimentos”

12 Xullo 2023

A deputada do BNG Rosana Pérez denunciou na Comisión 8º do Parlamento o que cualificou de “sistemáticos incumprimentos” da empresa adxudicataria dos servizos de operación e mantemento dos helicópteros do Servizo de Gardacostas de Galicia, encargado de desenvolver os labores de vixilancia, loita contra a contaminación e salvamento marítimo.

A parlamentaria do Bloque criticou ademais “a falta de control e seguimento que fai o Goberno do PP, a través da Consellería do Mar, dos contratos sobre este servizo aéreo, ao que dende o 2017 se teñen destinado 51 millóns de euros”.

E engadiu: “O principal obxectivo dese servizo é salvar vidas e non, como parece que ocorre ás veces, poñelas en risco, a comezar polas propias tripulacións deses helicópteros”, asegurou a deputada do Bloque, advertindo de que “non se pode ser ao 100 % efectivo nese labor de salvar vidas cando os medios non son os acaídos ou cando se racanean, por interese propio e exclusivo da empresa”. Pérez aludiu tamén ao “último incidente coñecido neste servizo”, o pasado 9 de xuño nunha misión de adestramento do helicóptero que traballa na base SAR de Viveiro, “cando se enganchou á fuselaxe o cable da única grúa da aeronave, poñendo en risco a seguridade do rescatador”, explicou, engadindo que segundo o prego de prescricións, o helicóptero debería estar dotado de dúas grúas.

“O incidente, que foi ocultado, volve a evidenciar que, se existe, o control e seguimento do contrato é totalmente insuficiente”, insistiu a deputada, lembrando que “por este incidente xa hai presentada unha denuncia penal do rescatador afectado contra a empresa e a propia Xunta pola súa irresponsabilidade”.

A parlamentaria do Bloque defendeu en comisión unha proposición non de lei, rexeitada polo Partido Popular, para “crear unha comisión asesora para a elaboración dos pregos coas prescricións técnicas de contratación de helicópteros e medios auxiliares que se requiran para o desenvolvemento integral do Servizo de Salvamento Marítimo”. A comisión proposta estaría formada pola Administración, as empresas, representantes dos traballadores, e expertos independentes na materia. “O que non pode ser é que quen asesore á Administración sexan só as empresas, e menos aquelas que xa teñen demostrado ser incumpridoras compulsivas e reincidentes”, considerou.

Na mesma iniciativa propúñase avaliar o último contrato que a Xunta sacou a concurso o pasado mes de abril por un período de catro anos e por un custe de preto de 58 millóns de euros no que, criticou, rebáixanse as esixencias “incumpridas sistematicamente no actual contrato”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.