Publicada a oferta de cursos de galego para non galegofalantes do CLM

14 Xullo 2023

A USC convoca para o 1º semestre do ano académico 2023-2024 cursos de lingua galega do Centro de Linguas Modernas (CLM) nos campus Santiago e Lugo dirixidos á comunidade universitaria, especialmente ao alumnado da Universidade (SICUE, convenios da USC e similares), como servizo de
apoio complementario á educación universitaria, e tamén abertos a calquera persoa interesada maior de 16 anos.
En concreto, ofértanse cursos semestrais ou intensivos para non galegofalantes, así como intensivos para PDI e PI da USC, preparatorios das probas de acreditación de nivel B2 da USC (niveis 1 e 2). A matrícula pode formalizarse a través da web do CLM.
As persoas interesadas no nivel inicial A1 poderán matricularse directamente, sen realizar un test de nivel previo. Pola contra, as persoas interesadas no nivel A2 deberán consultar os requirimentos establecidos na convocatoria. O resultado acadado no test non acredita o nivel correspondente segundo o MECRL, senón que só indica o nivel no que debe formalizarse a matrícula.

Centro de Linguas Modernas da USC

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...