Os 30 barcos do III Roteiro Rías Baixas Isonor chegan este venres pola tarde a Portosín

06 Xullo 2023

Procedentes de Baiona, arribarán ás 18:00 horas tras unha peregrinación marítima que transcorreu por Combarro, A Toja, A Pobra do Caramiñal e Muros
A expedición fará o sábado a pé o último tramo a Santiago de Compostela, partindo desde Bertamiráns (Ames)


Trinta barcos participan nunha peregrinación marítima desde Baiona ata Santiago de Compostela a través do III Roteiro Rías Baixas Isonor. As embarcacións, que partiron o luns de Baiona, chegarán mañá venres, ao redor das 18:00 horas, ao porto de Portosín.
Deste xeito, acumularán máis de 120 millas de navegación, nas que selaron a súa
credencial do peregrino en cada porto. Por tanto, para obter a desexada Compostela,
só lles restará completar a pé un último tramo do Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Unha camiñada que acometerán o sábado 8 de xullo pola mañá, partindo desde Bertamiráns (Ames).
José Antonio Marcote, responsable de comunicación do Xeodestino Ría de Muros Noia e que será o encargado de recibir aos peregrinos á súa chegada, asegura que “é un pracer comprobar como este Roteiro converteuse nunha realidade que xa é imparable. Encaixa perfectamente coa idea de como entendemos nós nosa ría, a nosa promoción e o noso traballo”.
III Roteiro Rías Baixas Isonor
A Roteiro Rías Baixas Isonor é unha travesía nada hai dous anos e que se converteu nunha máis dos diferentes roteiros que conforman o Camiño de Santiago. Está organizada polo Monte Real Club de Iates, o Real Club Náutico de Portosín e o Xeodestino Ría de Muros Noia. O seu obxectivo é divulgar a cultura mariñeira, promover o turismo náutico, impulsar o deporte da vela e dar a coñecer as potencialidades dos nosos portos.
Nesta terceira edición participan un total de 30 barcos con medio centenar de persoas,
chegando de novo ao límite establecido pola organización para ofrecer a mellor experiencia durante a travesía, así como tamén nos diferentes portos nos que recalou a frota. A
peregrinación partiu o luns 3 de xullo de Baiona rumbo a Combarro. Despois pasaron
pola Toja, Pobra do Caramiñal e hoxe xoves por Muros, chegando finalmente mañá venres a Portosín.
A expedición leva tres embarcacións de seguimento e unha furgoneta por terra
de organización e seguridade.

O presidente do RCN Portosín Jorge Arán, agradeceu formar parte deste proxecto:
“Colaborar co Monte Real é unha honra e o fin deste proxecto é o de facilitar a
navegación e a participación tamén a familias en zonas nas que quizais moita xente non está afeita navegar. Quero agradecer especialmente ao club o seu traballo para facilitar isto e tamén que veñan á ría de Muros e Noia, que sen dúbida ten moito que ofrecer”.

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.