O socialista José Ramón Romero repite como alcalde de Boiro

08 Xullo 2023

O socialista José Ramón Romero García renovou esta tarde o seu cargo como alcalde de Boiro para o mandato 2023-2027 con maioría absoluta gracias aos nove votos do seu grupo. O Pleno de investidura tivo lugar este venres ás 21.00 horas na Casa Consistorial de Boiro.
O alcalde deu a benvida á corporación aos novos concelleiros e concelleiras e tamén a todos aqueles que repiten “estou seguro de que, dende o goberno e a oposición, van facer un gran traballo por Boiro e os
boirenses nestes catro anos que nos quedan por diante”. Romero dirixiuse tamén á veciñanza que “puxo en min e no meu equipo o seu apoio para seguir sendo o alcalde de Boiro”.
Na súa intervención tivo tamén unhas palabras de agradecemento para o seu equipo “que me acompañou estes catro anos neste camiño de dedicación ao pobo de Boiro” e tamén renovou o seu compromiso e “mellorar a calidade de vida da xente de Boiro”.

CORPORACIÓN MUNICIPAL 2023-2027:
 Grupo municipal do PSdG-PSOE (9 concelleiros/as)

  • José Ramón Romero García
  • Luis Ruiz Laíño
  • María Outeiral Campos
  • Marcos Fajardo Outeiral
  • Olga González Blanco
  • Raúl Romero Treus
  • Roberto Lojo García
  • Carmen Silva Rodríguez
  • Francisco Bermúdez Alonso
     Grupo municipal do PP (5 concelleiros/as)
  • Fernando Manuel García Diéguez
  • Manuel Romero Vázquez
  • María Macarena Blanco Sanisidro
  • Juan Antonio Moledo Eiras
  •  Grupo municipal do BNG (2 concelleiros/as)
  • Raquel Suárez Regades
  • Patricia Silva Fajardo

  •  Grupo mixto / Boiro Novo (1 concelleira)
  • Dores Torrado Ares

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...