O Goberno de Rianxo sen dedicacións absolutas ao rexeitalas a oposición

14 Xullo 2023

Á fronte do Goberno municipal traslas eleccións municipais de maio, Rianxo en Común, quería contar durante este mandato coa dedicación absoluta do alcalde, Julián Bustelo, e outras tres parciais proposta que foi rexeitada pola oposición no pleno celebrado o xoves.

O executivo poñía en valor que o gasto anual reducíase un 20 % —sobre 27.000 euros—, pero Bustelo sinalou tras o pleno que os restantes partidos consideraron que con esa organización non ían poder atender o traballo.

A proposta consistía en manter para o rexedor a retribución de 45.000 euros brutos anuais que tiña o seu antecesor. No caso das tres parciais, Julián Bustelo concretou que introduciron algúns cambios. Así, as horas de traballo pasarían das 15 semanais do goberno anterior a 20 e o soldo incrementaríase ata os 17.000 euros brutos anuais. A redución do gasto neste capítulo viría dada pola eliminación dunha dedicación exclusiva con respecto ao mandato 2019-2023.

O final a oposición botou abaixo a proposta dunha dedicación absoluta e tres parciais de Rianxo en Común

O feito de que a proposta non saíse adiante obriga a convocar outra sesión e o rexedor xa adiantou que volverán manter encontros con todos os grupos políticos.

PLeno do Concello de Rianxo, xoves 13 de xullo de 2023

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.