O Concello de Rianxo, grazas á disposición das persoas titulares dos terreos, habilitou unha nova zona de aparcamento na Martela coa finalidade de “contribuír a solventar a falta de prazas de estacionamento na contorna da Martela”. Dende o Consistorio o novo equipo de Goberno local lembra que a nova área habilitada para os vehículos conta con aproximadamente 470 metros cadrados e atópase a 2 minutos andando do Centro de Saúde.




