O 22 de xullo comezan as Festas de Outes

22 Xullo 2023

Este 22 de xullo van dar comezo as Festa de Outes, edición 2023. Farano ás 13.00 horas na Horta do Muíño, cun Encontro de Escolas de Música Tradicional que contará coa presenza da Escola do Música Tradicional do Concello de Outes, a Asociación Cultural A Fuliada de Betanzos e o Grupo Folclórico Hai que Roelo de Cuntis. Na mesma xornada haberá verbena pola noite, na praza do Bosque ás 23.00 horas, a cargo da orquestra Los Españoles. A xornada seguinte, Día de San Cristovo, arrincará cunha ruada a cargo de Os Jaitas Blue e proseguirá cunha misa cantada pola coral Pedra Xarpal (ás 11.00 horas no parque da Cruz). Ao remate da misa sairá a caravana de vehículos até O Freixo. Ao xantar haberá unha sardiñada na Horta do Muíño e pola noite un concerto a cargo de Capitol e Disco Móvil Chocolate (a partir das 22.30 horas na praza do Bosque).

O 24 de xullo (A Milagrosa) comeza cunha ruada de Agrocovo e prosegue cunha misa cantada pola coral O Peirao do Freixo, na capela da Serra a partir das 12.00 horas. Pola noite actuará A Roda ás 22.30 horas na Horta do Muíño, e logo a orquestra América (a partir das 0.00) na praza do Bosque. O 25 de xullo comeza cunha ruada a cargo da Banda de Música Municipal de Outes. Ás 12 haberá unha misa cantada na capela da Serra, a cargo da Coral Francisco Añón. Pola noite (ás 21h na Horta do Muíño) actuará a Banda de Música de Outes e logo (ás 22) Os Trobeiros da Ponte.

Haberá polbeira todos os días.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.