Dende a Área de Cultura dos Concellos de Padrón e Dodro veñen de compartir a axenda (completa e diversa) do Festival Abride A Fiestra, que se celebra o vindeiro 15 de xullo na Casa de Rosalía e que contará con case vinte actividades ao longo de toda a xornada. Haberá concertos con Xisco Feijoó e Cé orquestra pantasma; actuacións de Aldaolado e Xurxo Souto; dous pianistas residentes no Piano de Rosalía: Suso Alonso e Martiño Rivo; visitas guiadas a cargo de Xosé Luís Axeitos, Rita Bugallo, Carme Pérez-SanJulián e Manuel Lorenzo Baleirón; e tamén conversas con Moncha Fuentes e Olga Novo arredor do libro O tradutor de sombras, e arredor de Murguía con Henrique Rabuñal e Xosé Luís Axeitos. Tamén está previsto que se celebre unha feira de produtos rosalianos.

A continuación damos conta do programa completo.
11.00 Visita guiada pola Horta de Rosalía da man de Miguel Lois
11.30 Xosé Luís Axeitos e Henrique Rabuñal conversan sobre O Centenario de Murguía
12.00 Actuación de Antón Reixa: Concerto desconcerto
12.00 Visita guiada pola Casa para crianzas da man de Rita Bugallo
12.30 Presentación do libro Airiños. 90 anos de teatro do pobo
13.00 Actuación de Adaolado (poesía, música, humor)
13.30 Conversa entre Belén López e Moncha Fuentes, sobre o seu libro O tradutor de sombras
14.00 Cata de viños con Paco & Lola e xantar n a Horta de Rosalía
17.00 Obradoiro de brinquedos sonoros con Ce Orquestra Pantasma
17.30 Visita guiada pola Casa da man de Manuel Lorenzo Baleirón
18.00 Actuación musical de Ce Orquestra Pantasma
18.00 Conversa entre Belén López e Olga Novo, Premio Nacional de Poesía por Feliz Idade
18.30 Visita guiada pola Casa da man de Carme Pérez-Sanjulián
19.00 Acto institucional do 138 aniversario do pasamento de Rosalía. Entrega da Rosa de Galicia á familia de Octavio Sanmartín
20.00 Actuación de Xurxo Souto: Cantos das Mulleres do Mar: A Cantiga da Conserva
21.00 Concerto de Xisco Feijoo
23.15 Observación da estrela Rosalía de Castro canda a Agrupación Astronómica Ío (recoméndase traer prismáticos)
Apoian:
– Deputación da Coruña
– Concello de Padrón
– Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
– Adega Paco&Lola
– GADIS



