“Non enrede, dixo Feijoo a Sánchez no debate entre os dous” – Antón Luaces

26 Xullo 2023

José Félix Tezanos, presidente do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) debeu ser, na tarde-noite do 23 de xullo, o nome máis barallado nas redaccións dos medios de comunicación e nas “cociñas” do partidos políticos por mor, unha vez máis, dos resultados producidos nunha consulta na que estaban en xogo dous modelos ben distintos de goberno: un, representado nun bloque de dereita-ultradereita que, para min persoalmente, asumen restos do que foi o franquismo, e outro bloque, este de esquerdas, que bota riba de sí a responsabilidade de defender un progresismo que se baralla desde distintas ópticas polo uso de cristais moi dispares á hora de explicar o seu concepto de ser ou sentirse progresista.

Antagónicos entre si ambos os bloques, como antagónicos son a dupla franquismo-progresismo: dous conceptos, dous xeitos de aplicar estes, dúas maneiras de ser e sentirse. Alberto Núñez Feijoo semellaba ser o campión dun torneo no que figuras da televisión como Ana Rosa Quintana ou Vicente Vallés apostaban clarísimamente por aquel que lle dicía no “cara a cara” (faciana a faciana) a Pedro Sánchez, “non enrede”, en contra de quen solicitaba nun segundo plano de son microfónico “non minta”, este un Pedro Sánchez témero, desconcertado e un moito cabreado que non atopaba o seu lugar  nun espazo no que, comunicadores experimentados como Ana Pastor e o xa citado Vicente Vallés, non xogaron nunca o seu papel moderador quizaves aleccionados pola “marca” da empresa elixida por Feijoo para o debate a dous.

Agora non queda outra que conformar unha maioría, obxectivo co que os distintos partidos barallan as súas opcións pode que non para mellorar as condicións daqueles que votaron, senón  de rendibilizar un voto (catalán, vasco,  canario ou galego) que veña a conta dos intereses partidarios e que van servir de carnada coa que iscar os anzois das liñas que se largan desde as cimeiras dos partidos, o que ben sei que é lóxico e legal máis non teño seguro que se corresponda co obxectivo dunhas eleccións xerais como as que vimos de pasar no territorio estatal: un voto -un deputado- en troques de que?.

Douche se me das.

Aquí e agora non  se da nada sen contraparte. E cando desde a dereita se demanda da esquerda responsabilidade e un paso á banda para que esa dereita poida gobernar en minoría, a esquerda pon diante o espello de Estremadura, de Canarias, de Baleares para que sexa  quen propón abstencións quen se vexa reflectido a si mesmo e ditamine.

É evidente que ambos bloques -dereita e esquerda- teñen dificultades para concretar un goberno de maiorías e non digo nada novo si expoño a miña convicción de que é, a priori, a esquerda a que ten máis posibilidades de gobernar en España tal e como fixo na lexislatura que remata. Pero hai máis atrancos, e Puigdemont e a súa Junts xogan un papel decisivo diante do si, en primeira instancia, e a abstención en segunda. En calquera caso en troques de algo que España -pola súa Constitución-  e os cidadáns -pola súa concepción do Estado español- semellan non estaren dispostos a ceder.

A chave para esa fechadura está, curiosamente, nas mans de quen se considera un prófugo que, con sete votos abre e fecha as portas da gobernabilidade dunha nación chamada España.

A outra vía (que ninguén quere) é a convocatoria de novas eleccións.  Repetiremos?.

Outros artigos

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.