No Son, pai e filla en apuros en Río Sieira

15 Xullo 2023


En Porto do Son, un pai e a súa filla estaban en apuros no mar, na praia de Río Sieira, ao levalos a corrente. Foron rescatados ilesos por un surfeiro. Ocorreu preto das 17:00 horas da tarde deste sábado.

Foi un familiar das dúas persoas que estaban nesta situación de perigo quen alertou ao 112 Galicia.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia informou a Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia, e a Salvamar Regulus, aínda que a súa intervención descartouse ao efectuarse o rescate. Tamén, alertouse á Policía Local, a Protección Civil da localidade e á Garda Civil.

Praia Río Sieira

Outros artigos

O Culturgal Expandido recala en Muros entre o 16 e o 18 de outubro

Artur Puga O Mercado Municipal de Muros acollerá entre o 16 e o 18 de outubro (de venres a domingo) a edición 2026 do Culturgal Expandido, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Muros. O programa inclúe actividades para todas as idades e a presenza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.