II Andaina Solidaria do Concello de Rianxo e a SOGAPS

28 Xullo 2023

O Concello de Rianxo, e a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), organizan unha nova edición da Andaina Solidaria.
A andaina ten un carácter popular, na que calquera persoa poida participar, pois os percorridos teñen un perfil e unha distancia accesibles a calquera estado de forma física.
Así, pretendemos que sexa unha grande festa deportiva para os veciñ@s, turistas e afeccinoad@s ao deporte.
Nesta segunga edición, a proba organizase a beneficio de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharauí), que desenvolve día a día un grande traballo de solidariedade, sendo destinado a tal fin o 100% do recadado. Necesitamos do voso apoio e participación para que poidan seguir coa súa labor.
Pódese colaborar participando na Andaina, na Carreira ou a través do Dorsal 0, facendo unha doazón polo importe desexado.
DATOS XERAIS DA ACTIVIDADE

  • Denominación: II Andaina solidaria a beneficio de SOGAPS ( Solidaridade Galega
    co pobo Saharaui).
  • Organizador: SOGAPS ( Solidaridade Galega co pobo Saharaui).
  • Colabora: Concello de Rianxo.
  • Data: Sábado, 5 de agosto de 2023.
  • Hora: 10:00 a 13:00 h.
  • Localización saída e chegada: Praza de Castelao – Rianxo
  • Modalidade: Andaina con un límite de prazas de 750 persoas.
  • Prezo:
    ▪ De balde de 0 a 3 anos
    ▪ 3 € de 4 a 17 anos
    ▪ 6 € a partir dos 18 anos
  • Inscricións: en emesports.es ata o xoves 3 de agosto ás 23:59. é ata 15 minutos antes o día 5 na Praza Castealo.
  • Percorridos:
    ▪ longo de 11, 5 km que percorre o paseo marítimo e a senda litoral de taragoña.
    ▪ Curto: Paseo marítimo e un anaco masi pequeno da senda litoral para facelo accesible a carritos, nenos e tod@as aquelas persoas que queiran participar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.