“Galicia e os camiños”. Alberto Barciela

25 Xullo 2023

Os países deben coñecerse a pé, cun vagar demorado, contemplativo, lento, predisposto á degustación  visual, olfactiva, mesmo táctil. Trátase, en certo xeito,  de apañalos nun poema memorizable, musical, composto de sutís rumores naturais como o dos ventos entre as árbores, ou os murmurios incomprensibles de augas corredoiras, ou o dos trinos falangueiros dos paxaros.

O fundamental, de tramo en tramo, é saber deterse nos encontros casuais, nos que haberá que atender os bisbiseos dos anciáns sabios, sentados á fresca nos días cálidos, gorecidos dos anos, dos improperios da vida, baixo sombras como aquietadas, serenas, atender a eses sons emitidos por seres dispostos a contemplar a vida que pasa sobre a vereda ou na ribeira coa distancia desansiada, como nun xogo que lles leva a suposicións aparentemente intranscendentes, mais trufadas de experiencias, e con todo iso alimentar a imaxinación rutineira.

Os camiños compóñense de infinitas chegadas, e os de Galicia arriban a un cruceiro, a unha maceira, a unha carballeira, a un alto, a un cantil, a unha catedral ou ao cabo do mundo, e bifúrcanse como buscando diferentes toponimias, que en si mesmas resultan definitorias, útiles ao pasaxeiro e aos residentes, aos que transitan ciurcunstancialmente e aos que quedan, os que adoitan formar parte da estirpe que transformou un lugar, a paisaxe, para adaptalo a fames incertas e a anhelos de propiedade da terra marcada a lume de entrañas e de suores, remarcada con muros de pedra.

O orgullo, a desconfianza ou a envexa trazaron por séculos o suco xenético dunha xente esencialmente boa e sabia, capaz de dar todo ao forasteiro e de negar a palabra para sempre ao irmán ou ao veciño, de dicilo todo cun silencio ou de expresar a tradición coa melodía cantareira dunha voz propia, dun idioma que atesora palabras que permiten entender un mundo, delimitalo sobre todo, contalo e cantalo a pé do fogo ou nas tabernas. E así as vidas rebordan con termos tan fermosos como abano, abidueira, andorina, argallar, auga, alén, auga, bágoa, berce, bico, brétema, bolboreta, colo, debullar, donicela, dorna, dúbida, enxebre, estralampar, es trela, fonte, feitizo, fi estra, enxo val, ermo, gargallada, labazada, lanzal, lareira, leira, lembranzas, lúa, morriña, nai, neboeiro, nós, orballo, pinguela, pomar, pros meiro, quentura, rola, rula, ros mar, saraiba, saudade, socalco, solpor, sorriso, souto, terra, tixo la, touza, xeada, xeito, xenreira, xeito, xesta, xesteira, xouva ou zanfona. Existe, si, unha paisaxe de palabras que foron cociñadas polo tránsito dos séculos, como cortadas e labradas por canteiros, saleadas por mil travesías, froito dun esforzo consciente por nomear para mellor comprender o paraíso e as súas circunstancias.

Nun desexo de polo menos mil primaveras máis, con Cunqueiro, cada habitante deste mundo case irreal, di: «Louvado sexa Deus por que me permitiu nacer, medrar, facerme home e agora envellecer neste grande reino que chamamos Galicia; neste grande reino do Fisterre que vai desde os montes ata o mar; onde brillan ós pés do vento; este país dous dez mil ríos, do lanuxe camiño das peregrinación, este país dos mil vales, este país fermoso e eternamente verde, Patria querida, a terra no senso barresiano: as patrias son a terra e os mortos. Grazas a Deus por este Reino». Louvados sexan os nosos devanceiros por ternos dado unha fala e unha terra, un modo de ser, de estar, de comprender, de sentir, de amar, de expresarnos coa fermosa liberdade de crear beleza para compartir, mesmo con aqueles que nos insultaron ou asoballaron durante séculos. Os países hai que coñocelos a pé.

Quixeron conquistarnos, pero aquí estamos, abrindo as corredoiras, acolando a cantos agora descubriron que os que camiñaban cara ao Oeste, os que penetraban nas rías, os que seguían o curso dos ríos, buscaban o milagre dun lugar onde ou mundo deu en chamarse Galicia, un mundo no que conviven a vida e a morte, os que están e os que aparentan non estar, incluídos os emigrantes. Todo se conforma cun pragmatismo máxico e todo se invoca entre un millón de vacas, dez mil ríos, dez rías, dous mil vales, máis de cen nomes para a chuvia, tres millóns de topónimos, tres mil castros e un millón de nostalxias. Mil  primaveras máis para Galicia, si, grazas Álvaro, Rosalía, Alfonso, Emilio…, grazas ás persoas que nos fixeron ser Nós, entendernos mellor e enteder os outros, os nosos, o noso, e tamén as persoas dos mundos alleos que ata aquí se achegaron para ver como o sol desaparecía no oceáno.

Agora si, seguimos o camiño, a pé pero coa cabeza ergueita, por saber que xa somos terra de acollida, de peregrinos, de emigrantes retornados, de inmigrantes, de turistas, residencia de universitarios, traballadores, de empresarios, de arquitectos, de artistas, de tecnócratas, de escritores, de deportistas, de gastrónomos. As estrelas guíannos ata eses bancos ateigados dos nosos maiores, desde os que escoitar as palabras con que definir a vida e ver pasar os días que fan pasar os anos e os séculos, como nunha película de castrexos, celtas, viquingos, ou romanos. A Galicia, Nai e Señora, enorgullécese dos seus fillos e dos seus visitantes, de tantos seres anónimos que cando falan cantan coa ledicia de saberse galegos, alomenos de corazón, e que cando camiñan admiran un país que lles fala dun futuro xuntos e que ten que se aínda mellor e máis fermoso.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...