Este sábado 29 de xullo o monte do Bolo (Noia) acollerá a segunda edición do festival solidario San Bolo Fest. Haberá actuacións musicais en directo de solistas e agrupacións locais (China, Biónicos, Brais Sánchez, More Fortys, Z0-K, Onda Dagda, Beirarrúa e Cheroke’s) e renderase homenaxe novamente a esa xoia gastronómica que, xunto co monte que lle serve de escenario, dá nome ao certame: o bolo preñado.
As 13:00 horas terá lugar a saída dende San Martiño ata o monte do Bolo, acompañados do grupo Gaitas Salgueiriños.
Unha vez abran as portas haberá música ambiente ata o comezo dos grupos ás 17:00. horas




