“Están a vulnerarse os dereitos humanos dos vellos?”. Antón Luaces

29 Xullo 2023

 

A pandemia de COVID fixo que moitos cidadáns espertaran en España -Galicia non foi allea a este feito- a unha ben triste realidade: unha chea de anciáns, na súa maioría con pensións de xubilación -daquela evidentemente inferiores ás que percibimos na actualidade os que sobrevivimos- padeceron ata a morte as consecuencias dunha demostrada desatención nos centros de acollida. 

Persoas maiores que morreron durante esa pandemia nas residencias que, aínda hoxe, non recibiron a través dos seus deudos ou familiares a xustiza que merecían. É máis, a organización Amnistía Internacional baralla cifras de escándalo: o 89% das investigacións penais foron arquivadas, o que pon en dúbida a atención aos dereitos humanos. Vulnéranse  estes?. 

  A poboación de máis de 65 anos é actualmente en España case que o 20% e estímase que esta cifra pode incrementarse ata o 26,5% no ano 2035. Desta poboación de maiores viven en residencias aproximadamente 390.000 persoas e uns 180.000 traballadores realizan as súas funcións neses centros de atención a maiores. Este servizo de atención residencial ofrece servizos continuados, de carácter persoal e sanitario, que poden ser básicos: aloxamento, manutención, asistencia nas actividades básicas da vida cotiá, e atención social e sanitaria. E tamén especializados, de prevención, asesoramento e orientación para a promociópn da autonomía, atención social, habilitación ou atención asistencial e persoal, atención médica, psicolóxica, de enfermaría, terapìa ocupaciopnal e rehabilitación funcional, segundo a información do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, porque a realidade é moi outra: en nmoitos casos, nen sequera se cumpren as previsións dos propios centros en, por exemplo, os menús de cada xornada e a día de hoxe.

Moitos dos centros que asumen estes servizos son privados, e a inmensa maioría son de carácter público pero rexentados por entidades privadas cuxa xestión quedou ben á  vista durante a pandemia e, posteriormente a esta,  polas consecuencias dunha desatención que marcará para sempre ás familias que padeceron aquelas consecuencias que nos leva a todos a contabilizar por milleiros os finados nos centros de acollida e, en demasiadas ocasións, sós, desatendidos e, nalguns casos, despreciados por persoas que, sen a máis mínima preparación para tal atención, non fixeron outra cousa que xustificar uns ingresos económicos inmerecidos e inxustificados.

Na teoría, a persoa adulta xa maior debe permanecer no seu propio domicilio ou na súa comunidade, alí onde vivíu toda a s​úa vida. Disque non hai mellor lugar que o seu cuarto particular, onde todo se lle fai familiar, está cheo de lembranzas sentimentais e persoais “que constitúen o seu gran todo” e cando faltan estes elementos semella que o mundo ven enriba.

Máis a realidade é ben distinta: poucos poden valerse por sí mesmos, e sendo así, non queda outra saída que a residencia privada ou pública, subvencionada ou absolutamente privada, condicionada en calquera caso ás disponibilidades económicas propias ou familiares. 

Non teño a máis mínima seguridade de que os maiores teñan, teñamos, unha resposta clara e rotunda sobre si se está a cumprir cos dereito humanos cando en Galicia, en España, falamos dos dereitos de nós, os vellos.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

“Cuando el silencio se hace oración” – José Antonio Constenla

La primera visita del Papa a España, algo más que un viaje pastoral, ya forma parte de la historia. Nuestro país está viviendo unos días extraordinarios, cargados de emoción, simbolismo y esperanza, que permanecerán durante mucho tiempo en la memoria colectiva de...

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

“Nosotros no somos el Estado”. Manuel Dominguez III

"El estado soy yo" (L'État, c'est moi) es una célebre frase atribuida al rey Luis XIV de Francia (el "Rey Sol"). Él y otros como él si son estado, pero nosotros no somos estado. Nosotros somos los que alimentamos al estado, es decir el menú del estado Trabajamos seis...