Dous novos sacerdotes na diocese. Un deles é Mateo Aguado Domínguez, que levaba dous anos de diácono en Ribeira

02 Xullo 2023

O arcebispo de Santiago presidiu este domingo na Catedral compostelá, a Eucaristía na que foron ordenados sacerdotes Ernesto Gómez Juanatey e Mateo Aguado Domínguez que era anos de diácono en Ribeira. É a primeira vez que mons. Francisco Prieto administra o sacramento da Orde Sacerdotal como titular da Sede compostelá.

Na súa homilía o prelado manifestou o profundo e íntimo vínculo que supón ser chamado por Jesús e recibir, por medio da Iglesia, o don do ministerio sacerdotal: “A nosa identidade como sacerdotes acredítase na intimidade co Mestre: o mesmo Jesús, que chama aos que quere para envialos no seu nome, chámanos a compartir a súa vida, a habitar na súa casa, e asistir á súa escola de vida, unha verdadeira escola pascual que nos conduce, pola cruz, da morte á vida”.

Neste sentido, o arcebispo engadiu que “no centro da nosa vida sacerdotal está Cristo, a amizade e a paixón por El e pola causa do Reino de Deus. Só desde esta centralidade teremos credibilidade evanxelizadora, porque daremos respostas ás preguntas máis profundas do home, non coa facilidade dos argumentos, senón coa claridade e a mestría do testemuño de ser pastores segundo o corazón de Deus”.

Mons. Prieto dirixiuse aos candidatos ao presbiterado con estas palabras: “Os que hoxe ides ser ordenados presbíteros entraredes a formar parte dunha familia sacerdotal, forxada pola xenerosidade de tantos sacerdotes, conscientes das súas debilidades e sostidos pola mesma fidelidade do Señor, na que unicamente é posible a nosa”.

E engadiu: “Ides ser pastores no medio deste pobo de Deus, desta Igrexa en Santiago que vive e habita nas nosas familias, parroquias, comunidades, grupos e movementos. Non hai identidade e, por tanto, alegría de ser sacerdote, sen pertenza activa e comprometida co pobo fiel de Deus”

Unha vez acabada a homilía os próximos manifestaron o seu desexo de ser ordenados e a vontade de vivir o seu ministerio con humildade e a alma limpa para proclamar a fe segundo o Evanxeo e a Tradición da Igrexa. A continuación, os dous prometeron celibato, oración e obediencia.

O sacramento da Orde é conferido pola imposición das mans do arcebispo seguida dunha oración consecratoria solemne que pide a Deus para os ordenandos as grazas do Espírito Santo requiridas para o seu ministerio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...