Este martes 18 de xullo comezaron as obras de mellora da fachada e da accesibilidade no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña. O proxecto, que foi adxudicado por un importe de 81.275,35€, contempla fundamentalmente sanear e repintar a fachada do edificio así como dotalo dun ascensor.
Prevese que a actuación finalice antes do remate do curso escolar para non interferir no normal funcionamento da Escola Unitaria de Cruceiro.

En concreto, o orzamento previsto destinarase á mellora da accesibilidade global do edifico que non dispoñía de facilidades para ao acceso de persoas con discapacidade e “a partir desta actuación poderán acceder ás dúas plantas do Centro Cultural”, explicaron recenemente fontes do Goberno local, engadindo que “estes traballos axudarán á revitalización do espazo ao facilitar o uso de toda a instalación para todas as persoas, incluídas as aulas de alfabetización de adultas do Concello que alí viñan acudindo”.
O prazo de execución é de 3 meses.




