Colisión frontal en Rianxo deixa un ferido grave trasladado en helicóptero ao CHUS

07 Xullo 2023

En Rianxo unha colisión de coches deixa un ferido grave, que tivo que ser trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico. O accidente tivo lugar uns minutos despois das 15:00 horas desta tarde. Foi a Policía Local de Rianxo quen contactou co 112 Galicia para alertar dos feitos.

Dous vehículos chocaron frontalmente no quilómetro 13 da AC-305 en Rianxo e unha das persoas implicadas no sinistro tivo que ser trasladada en helicóptero ao CHUS, debido á gravidade do seu estado mentres que a condutora do outro turismo tamén foi evacuada ao centro compostelán, nesta caso en ambulancia.

Os bombeiros boirenses tiveron que intervir para excarcerar á vítima que finalmente tivo que ser trasladada en helicóptero, xa que non podía saír polos seus propios medios do vehículo. A outra ferida no sinistro estaba accesible e liberada. Ambos os implicados son veciños de Rianxo.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro intervindo en accidente en Concello de Rianxo. Bombeiros Boiro

Por outra banda, durante a mañá produciuse unha colisión por alcance en Porto do Son, na AC-550 ao seu paso por Miñortos.

Neste caso resultou ferida unha persoa que foi trasladada en ambulancia ao hospital de Barbanza. Ao momento acudiron o GES de Noia, Urxencias Sanitarias, Policía Local e Protección Civil do municipio, a Garda Civil de Tráfico e persoal do mantemento da estrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.