Boiro colabora co torneo solidario interparroquial en beneficio de ASANOG

18 Xullo 2023

O Concello de Boiro colabora co torneo solidario interparroquial que terá lugar o vindeiro sábado 5 de agosto ás 17.00h no campo de fútbol municipal de Vista Alegre en beneficio da Asociacióon Galega de Nenos Oncolóxicos de Galicia. Na presentación, que tivo lugar esta mañá, participaron o concelleiro Marcos Fajardo; os organizadores do torneo; e Yenny Rodríguez e Sara Tubío, en representación de ASANOG.
O torneo vai constar de 8 equipos mixtos, un por cada parroquia, e que estará patrocinados por un local de hostalaría. Abanqueiro por Os Fornos, Bealo por O Demo, Boiro polo Barbantia, Castro por Uttap
3.catorce, Cespón por O Bosque, Cures por Bar Bros, Lampón polo Ría de Arosa e Macenda por A Terraza do Furancho. “Durante o desenvolvemento dos partidos haberá sorteos de agasallos doados por comercios como ceas, lotes de produtos, vales…”, afirmou Lara Buig da organización. Todos os beneficios do recadado coas rifas e donativos serán doados á Asociación de Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).
A Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia ten como finalidade prestar apoio e asistencia ás familias de nenos oncolóxicos.
“Para nós é moi gratificante saber que estamos axudando ás familias e que se organicen eventos como estes axúdanos moito a aumentar o noso financiamento e estar coas familias”, afirmaron por parte de ASANOG.
O concelleiro Marcos Fajardo convidou a toda a veciñanza a que asista ao torneo do vindeiro 5 de agosto e que colabore coa compra de rifas. “Para este Concello é unha honra colaborar cunha causa como esta e
un orgullo ver, unha vez máis, a solidariedade do pobo de Boiro que se une en beneficio dunha asociación que está a facer un gran traballo polas familias de nenos oncolóxicos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.