O Concello de Ribeira informou de que foron finalmente doce as ofertas presentadas á actuación destinada á pavimentación e instalación de saneamento en Sirves, lugar situado na parroquia de Olveira.
Cun investimento de 83.379,87 euros e un prazo de execución de catro meses, o obxectivo que se pretende con esta obra é “dotar de novo pavimento e nova rede de saneamento en varios camiños do lugar”.

Concretamente, equiparase o camiño principal cunha nova tubaxe de PVC liso de 315 milímetros de diámetro, demolendo parcialmente o aglomerado existente para a construción da gabia onde se se instalará a tubaxe.
Ademais, nun ramal que agora mesmo ten pavimento de terra se pavimentará na súa totalidade con aglomerado sobre base de saburra, incluídos os sobreanchos. Tamén se instalará unha tubaxe de PVC liso de 315 milímetros de diámetro.

Por último, o camiño de Fontela será pavimentado cunha nova capa de aglomerado asfáltico previo acondicionamento da superficie, incluíndo os sobreanchos.
O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022.




