Ángeles Vázquez salienta dende Queiruga os beneficios da Lei de Litoral de Galicia

14 Xullo 2023

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, estivo este venres 14 de xullo en Porto do Son, onde visitou a parroquia de Queiruga na compaña do alcalde Luis Oujo e departiu cunha ducia de veciños da localidade que levan tempo reclamando a conexión das súas casas á rede de saneamento que dá servizo ao municipio para non ter que depender de pozos negros particulares para xestionar as súas augas residuais.

Durante a súa estadía no Son, a conselleira dixo que a nova Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia “garante e facilita o acceso a servizos básicos e esenciais, como pode ser o saneamento, ás poboacións asentadas en núcleos costeiros tradicionais e que, ata o de agora, vían restrinxido este dereito pola interpretación restritiva da Lei de costas por parte do Estado”.

Tras lembrar que a lei foi publicada onte no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor o 2 de agosto, a vicepresidente segunda explicou que “nesta nova norma a Xunta marcou unha serie de usos estratéxicos e prioritarios con encaixe no dominio público marítimo-terrestre e tamén en zona de servidume”, categoría na que enmarcou, precisamente, os servizos de saneamento e de auga para consumo nos núcleos tradicionais costeiros “xa que resultan indispensábeis para garantir a calidade de vida da veciñanza”.

Vázquez engadiu que nos últimos anos son “múltiples os casos ao longo de toda a costa galega nos que as actuacións necesarias para garantir este tipo de servizos se atopan coas trabas de Costas do Estado”.

Neste sentido, explicou que “o Goberno central, a partir dunha interpretación excesivamente restritiva, sen ningunha lóxica e non amparada en ningún estudo científico, acaba opoñéndose de xeito reiterado a este tipo de actuacións co argumento de que hai que buscar outra localización”. E engadiu: “Galicia non vai vivir de costas ao mar, Galicia vive fronte ao mar”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.