Aberto o prazo de preinscrición no programa Lousame Concilia para o curso 2023/2024

10 Xullo 2023

O Concello de Lousame abriu este luns 10 de xullo o prazo de preinscrición no programa Lousame Concilia, un servizo de atención e coidado de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro durante o curso 2023/2024. O servizo empezará a prestarse dende o 11 de setembro, en horario de 7:30 a 9:00 horas.

O prazo de preinscrición estará aberto ata o próximo 16 de xullo no Departamento de Servizos Sociais de Lousame, en horario de 08:30 a 14:30 horas. Os impresos poden recollerse nos Servizos Sociais de Lousame ou descargarse directamente da web municipal (www.concellodelousame.gal).

Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e co-financiado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia. O Concello de Lousame lembra que tamén existe a posibilidade de traer aos pequenos en datas concretas durante o curso escolar. Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494 ou 689 126 385.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.