A Xunta completa a restauración da locomotora “Sarita” que poderá visitarse na Fundación Camilo José Cela a partir de setembro

28 Xullo 2023

A Xunta de Galicia rematou a rehabilitación da locomotora coñecida como Sarita situada no Museo do Ferrocarril John Trulock -espazo que forma parte do Museo Camilo José Cela- coa intención de incorporala á museografía exterior da Fundación a partir de setembro. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou o museo, acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con motivo da reunión do seu padroado, onde puido comprobar o resultado das actuacións.

Cun investimento de máis de 45.000 euros, realizouse unha limpeza e saneamento da estrutura e agora estase ultimando unha cuberta que a protexa das inclemencias meteorolóxicas e facilite a súa observación. Tamén foi restaurada a cabina de condución e a cuberta do teito foi reconstruída totalmente por un taboleiro composto de partículas de madeira e resinas de alta densidade. 

Por último, restauráronse e limpáronse todas as pezas de bronce como bucinas, reloxos de presión e temperatura, tubaxes de canalización de vapor e auga e o sombrerete superior da cheminea.

Os focos situados nas partes dianteira e traseira tamén foron sometidos a un proceso de recuperación e colocáronse novas barras de pasamáns de aceiro inoxidable pulido sen brillo. En definitiva, a Sarita foi desmontada, restaurada peza a peza, imprimada e pintada de novo coas cores orixinais de fábrica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.