A xira do buque escola Atyla recalará no porto de Muros

20 Xullo 2023

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, promove a xira do buque escola Atyla por distintos peiraos autonómicos para “divulgar o patrimonio marítimo tanto material como inmaterial da comunidade e a educación azul”. A súa estadía nas distintas dársenas, entre as que se atopa a de Muros, “contribuirá á formación nos valores do mar e a impulsar a remuda xeracional na actividade marítimo-portuaria”, explicou Portos a través do seu presidente, José Antonio Álvarez. A entidade colabora na travesía a vela desta embarcación de madeira, construída na década dos 80 do século pasado coas técnicas de carpintería de ribeira tradicionais e inspirada nos veleiros do século XVIII. Trátase dunha goleta de 31 metros de eslora, sete de manga e 25 metros de alto, dotada de nove velas.

O buque Atyla realizará un percorrido con escala en seis portos autonómicos nos que abrirá as súas portas gratuitamente aos visitantes que desexen coñecer a propia embarcación e o labor divulgativo que realiza a Fundación Atyla. Ademais acollerá actividades formativas e pequenas saídas de navegación con visitantes a bordo. Tanto as visitas como as saídas son totalmente de balde, pero os interesados deben inscribirse previamente na páxina web na Fundación Atyla.

O Atyla iniciará a súa travesía desde o porto de Vigo, no que estará atracado entre o 26 e o 30 de xullo. O 31 de xullo recalará no porto de Combarro (Poio), onde poderá visitarse ata o 2 de agosto, e desde alí trasladarase a Sada, porto no que permanecerá do 3 ao 6 de agosto. Días despois, do 7 ao 9 de agosto estará en Viveiro, do 15 ao 17 do mesmo mes en Corcubión e, por último, do 18 ao 21 de agosto no porto de Muros.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.