O vindeiro sábado 29 de xullo o monte do Bolo (Noia) acollerá a segunda edición do festival solidario San Bolo Fest. Haberá actuacións musicais en directo de solistas e agrupacións locais (China, Biónicos, Brais Sánchez, More Fortys, Z0-K, Onda Dagda, Beirarrúa e Cheroke’s) e renderase homenaxe novamente a esa xoia gastronómica que, xunto co monte que lle serve de escenario, dá nome ao certame: o bolo preñado.

As entradas poderán adquirirse a partir deste xoves de maneira anticipada a 1 euro en tres locais hostaleiros, JaraTusas, Manducka e Fina Stampa e na billeteira habilitada a 2 euros. A recadación será para Cruz Vermella.




