A ribeirense Fabiola García participa nun encontro con mulleres distinguidas co galardón “A barca de Sálvora” en Bos Aires

30 Xullo 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, mantivo un encontro con mulleres distinguidas co galardón ‘A Barca de Sálvora’, outorgado cada ano polo Centro Galego de Avellaneda, en Bos Aires, a mulleres destacadas desta colectividade. A conselleira trasladoulles a súa admiración como ribeirense por seguir dando a coñecer a historia e os valores da súa terra aos galegos na diáspora.

A distinción ‘A Barca de Sálvora’ recoñece desde o ano 2019 a solidariedade, o valor e a empatía de tres mulleres destacadas da colectividade con motivo do Día Internacional da Muller. Emprégase a historia das Heroínas de Sálvora —Josefina, Cipriana e María— que no ano 1921 lograron rescatar a numerosos náufragos tras o afundimento do barco Santa Isabel que navegaba preto das costas de Ribeira.A conselleira visitou as instalacións do Centro Galego de Avellaneda e, posteriormente, achegouse ao Fogar para os Anciáns Galegos de Domselaar. Durante este encontro, asinou un protocolo de colaboración coa entidade, por valor de 20.000 euros, para o funcionamento da súa residencia de maiores. Un centro que iniciou a súa actividade no ano 1943 e que permite ofrecer coidado e atención a galegos na diáspora.

Outros artigos

Ambar organiza unhas xornadas deemprego en Ribeira e Rianxo

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional organiza este mes de xuño unha actividade para romper barreiras en materia de emprego e igualdade: as Xornadas de Emprego dirixidas a mulleres con diversidade funcional. Desenvolveranse nos concellos de Ribeira...

+

Martes con sol e lixeira baixa das temperaturas

O martes o anticiclón retírase cara ao oeste, polo que se irá perdendo o réxime de ventos do nordés e entrarán ventos máis húmidos de compoñente oeste. Asi comezaremos a xornada cos ceos pouco nubrados ou despexados. A partir do mediodía entrarán as brétemas costeiras...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

“Para vivir ben, Galicia!”. Luís Celeiro

A morte, se pensas nela, se recordas ao amigo no cadaleito camiño cara ao máis alá ou seves ao teu pai deitado caladamente nun féretro de madeira nobre, diante dunha multitudede xente chorando, a morte -dicimos- fai estremecer a alma dos vivos, fai que se apague aluz...