A creatividade das mulleres e dos oficios tradicionais chega este domingo a Rianxo

12 Xullo 2023

Este domingo atracará en Rianxo a iniciativa Un mercado en cada porto, dende o mediodía ata as 20:00 h. no Campo de Arriba .

Trátase dunha iniciativa organizada por ONyVÁ! para axudar a impulsar marcas emprendedoras, lideradas por mulleres artesás da nosa terra e colaborar con outros proxectos que axudan a dar emprego a mulleres vítimas de violencia machista, como Apotheca.

Inclúe un mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que á súa vez abrangue unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, oleiras, palilleiras, cesteiras e outros colectivos, mulleres, en definitiva, que colleron a remuda das súas nais e avoas para seguir mantendo vivos os oficios máis antigos da nosa cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.