A carreira pola diversidade de AMBAR regresa este domingo 9 ás rúas de Ribeira

08 Xullo 2023

A Carreira da Diversidade de Ambar regresa ás rúas de Ribeira este domingo a partir das dez da mañá na súa novena edición. O evento foi presentado polo alcalde en funcións Manuel Ruiz, xunto coa presidenta da Asociación Ambar, Milagros Rey; Joserra Figueira, responsable da área de deportes da entidade; un estreito colaborador como é Abraham Benítez; e dous integrantes do seu equipo de atletismo, Marina e Javi.
A cita sairá ás 10 horas da explanada de Coroso e, ademais da versión absoluta e da inclusiva sobre un circuíto de 5 kilómetros e das distancias máis curtas para as categorías infantís, como novidade caberá tamén, anunciou Milagros Rey, a posibilidade de percorrer unha andaina de 3,3 kilómetros, con ou sen mascota.
O peche de inscricións terá lugar mañá xoves á medianoite (pódese facer na web cronotec.es). Os comparecentes na presentación de hoxe fixeron un chamamento a que a xente se inscriba na certeza de que a proba “está moi ben para facer marca”, en palabras de Abraham Benítez, quen animou especialmente aos corredores de Ribeira a que aproveiten estas últimas horas para anotarse.
Dorsal cero
Joserra Filgueira recordou que tamén existe a opción do ‘dorsal cero’ para todos aqueles que non podendo participar si queren colaborar con esta iniciativa solidaria. Neste senso, informou de que o recadado irá destinado á obtención de material deportivo para as actividades que se realizan no centro da asociación.
Manuel Ruiz loou o labor que realiza a asociación Ambar, agradeceu a implicación dos seus colaboradores e destacou as cualidades desta carreira, que non só inciden nun obxectivo importantísimo como é promover a diversidade, senón que tamén teñen un compoñente solidario ao axudar a Ambar nas súas actividades.

Ademais, o rexedor municipal, que xa se inscribiu na cita deportiva, significou que coa introdución da modalidade da andaina “non hai escusa: o que non poida correr, pode andar”.
Marina e Javi, por último, aseguraron que lles encanta correr e adestrar e prometeron facer un bo papel na carreira.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.