O Concello de Ribeira informa de que doce empresas amosáronse interesadas en realizar as obras de pavimentación e instalación de saneamento na prolongación da rúa do Colexio en Corrubedo.
Esta intervención ten un orzamento de 67.515,76 euros, IVE incluído, e ten un prazo de execución de tres meses.
Actualmente a vía en cuestión conta cun pavimento de terra con algún pequeno tramo de aglomerado asfáltico e o que se pretende e dotalo dunha nova pavimentación ademais de saneamento. Con tal motivo se colocará unha nova tubaxe de PVC liso de 315 milímetros de diámetro e a totalidade do vial será aglomerada con aglomerado asfáltico sobre subbase de zahorra.
O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022.




