“Tía Manuela: Parabéns merecidos”. Luís Celeiro

22 Xuño 2023

Crear, cultivar e distribuír coñecemento é un dos principais obxectivos dos centros de investigación, dos institutos de investigación, dos grupos de investigación e das universidades que investigan. Crear coñecemento que serva para a vida é unha tarefa que require esforzo económico e intelectual, hai que labrar o campo, coidar a semente e axudarlle a medrar para que medre como se fose un carballo desa carballeira vella ou un castiñeiro de crecemento lento, daquel souto solleiro.
Para alentar o traballo na investigación relacionada coa saúde das persoas, o señor RamiroCarregal creou o Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía e, na súa cuarta edición, o galardón foi para a doutora Amparo Martínez Monzonís, prestixiosa cardióloga no hospital universitario da capital galega e directora dun grupo no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Os parabéns para a premiada chegaron de arriba e de abaixo e todos os que a coñecen recoñecen que son sinceros e merecidos. Parabéns tamén para o mecenas.
Ella, Amparo Martínez é a presidenta da Asociación de Imaxe da Sociedade Española de Cardioloxía e no traballo premiado, “Estudo de marcadores prognósticos na insuficiencia tricúspide (TI) significativa na era percutánea: o papel da imaxe cardíaca avanzada e a graxa epicárdica”, participaron tamén Ana García, Brais Díaz, Violeta González, Sonia Eiras e Ramiro Trillo. Todas e todos saben perfectamente que para avanzar no eido da medicina é fundamental a cooperación, o traballo colectivo e, se hai que facer unha intervención cirúrxica, identificar o momento máis adecuado para a súa realización.
Hai que erradicar ese mal da ignorancia que tanto dana e retarda as melloras sociais, hai que seguir os pasos dos profesionais que buscan remedios, que procuran medios e que poñen o seu talento e a súa experiencia ao servizo da colectividade, ao servizo da sanidade e da saúde, sabendo -como moitos dos lectores saben- que quen non engade nada ao seu coñecemento, o que fai é diminuílo e, xa que logo, reduce aínda máis o seu pouco poder.
En Galicia a roda xira e segue xirando. Vai rodando! A investigación está en bo momento e segue producindo un alto rendemento, xa o di a Tía Manuela, “as autoridades que presten atención e que recoñezan que con moito menos estase facendo moito máis”. Mentres tanto a sociedade confía e agradecerá a elaboración e aprobación dun Plan de Investigación que permita unha razoablemente maior inversión pública.

Outros artigos

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.