Rueda reivindica unha Galicia “tolerante e aberta”, pero cunha “orgullosa identidade propia” na entrega das Medallas Castelao

28 Xuño 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reivindicou a Galicia como unha terra “tolerante” e “aberta” a outras culturas, “con ganas de compartir, pero cunha identidade propia da que sentirse orgullosos”.

Así se expresou este mércores na entrega das Medallas Castelao 2023, que distinguen aos galegos que fixeron contribucións singulares e “levaron o nome de Galicia máis aló das súas fronteiras”.

Nesta edición, os galardoados foron a escritora Ledicia Costas, a banda Sinistro Total, a deportista Susana Rodríguez Gacio, o empresario Liño de Prado e o oncólogo Rafael López.

Á entrega, presidida polo líder da Administración autonómica, asistiron os restantes membros do Goberno galego, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Goberno, Pedro Blanco; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o presidente da RAG, Víctor Freixanes; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, entre outros.

Na súa intervención, Alfonso Rueda lembrou que este 28 de xuño “danse a man a historia e o presente de Galicia”, en referencia ao aniversario da aprobación do plebiscito do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e do regreso a Galicia dos restos mortais de Castelao.

“É un pasado que non nos enfronta, senón que nos une e que incrementa un orgullo que ten que ser compartido”, defendeu, lembrando ademais que a Autonomía “foi unha longa peregrinación, con etapas doces e amargas, onde participaron galegos de toda condición, pero sobre todo de toda convicción”.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.