“Romaría” – Xulio Xiz

02 Xuño 2023

Pasei os Milagres sitiado polo fervor que se traduce na riada de automóbiles a Saavedra, con aparcamentos inverosímiles fóra dos amplos espazos dispostos para os cabalos de catro rodas.

O remate da festa coincidiu coa xornada electoral onde todo parecía posible, e resultou un cúmulo de imposibles, que cristalizou en mareas vivas ou mortas, azuis ou vermellas, precursoras de pactos naturais ou forzados, que os afectados entenden como a mellor lección da democracia.

Pasou a clamorosa romaría efervescente para que valoremos mellor a paz que reina durante o resto ano. Pasou a festa democrática para comprobar de novo que hai razóns políticas que o votante non entende; que hai votos que non encaixan na razón política; que hai razóns que a política ignora.

Ninguén como un alcalde de pobo para saber de que vai isto. Ninguén coma unha comisión de festas para saber o son ao que quere bailar o seu pobo. Ninguén coma o votante para saber de onde sopra o vento. Ninguén coma un político para conseguir que o beneficie o resultado. Na festa, pasou o día e pasou a romaría. A romaría na política continúa, como unha cicloxénese explosiva, e se para os que seguimos a procesión desde fóra o tema nos parece apaixonante, provocador, para os que levan o santo ou as andas, para os que ofician ou comungan, que cantan ou aplauden, agora é cando empeza a verdade, a realidade, os equilibrios… para os que pasamos os apuros da festa, o descanso; para os que viven perigosamente, equilibristas sen rede, o tempo da verdade. “Que por maio era, por maio, cuando hace la calor”, di o Romance do Prisoneiro. Pois agarda que chegue o mes de xullo, e xa verás.

— 

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.