Ribeira oferta para este verán nove escolas deportivas e un curso de vela

05 Xuño 2023

O Concello de Ribeira a través da súa Concellería de Deportes oferta para a estación estival
un total de nove escolas deportivas e unha actividade náutica, que se desenvolverán entre o 3 de xullo e o 31 de agosto. As modalidades sonas as seguintes:

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o vindeiro 12 de xuño e pechará o día 16. Deberanse tramitar ben de maneira telemática a través do portelo dixital do Concello ou ben de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá.

INFORMACIÓN
Na páxina web do concello www.ribeira.gal, a través do correo electrónico deportes@ribeira.gal , na Oficina de Deportes do Complexo Deportivo A Fieiteira ou no teléfono 981 87 36 46 (horario de atención ao público é de 09.00 h. a 13.30 h.).
Tódalas datas que se indicarán nas seguintes bases teñen carácter informativo pero non son vinculantes, de xeito que, si acontecese algún imprevisto en algunha das fases do procedemento, a Oficina Municipal de Deportes poderá cambialas motivadamente.
PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Dende o 12 ao 16 de xuño (o prazo abrirá o 12 de xuño ás 9.00 h. e pechará o 16 de xuño ás 13.30 h.).
As solicitudes faranse a través do rexistro xeral do concello de Ribeira:
 De maneira presencial (atención ao público de 9.00 h. a 14.00 h.), presentando a ficha de inscrición
cuberta.
 De maneira telemática (necesario certificado dixital), a partir das 9.00 h. do 12 de xuño, a través da web
www.ribeira.gal no seguinte apartado –SEDE ELECTRÓNICA‐ INICIO ‐TRÁMITES DESTACADOS –
SOLICITUDE XENÉRICA. Deberase tramitar a solicitude de carácter xeral e xuntar a ese procedemento a
ficha de inscrición cuberta.

NÚMERO DE CURSOS POR PERSOA
Cada persoa solicitará praza nas actividades que lle sexan de interese pero só poderá anotarse nun curso da mesma actividade. No caso de que haxa varios rexistros dunha mesma persoa para a mesma
actividade,unicamente se terá en conta o primeiro deles. As persoas interesadas en actividades nas que se poida elixir entre varias opcións, poderán marcar unha orde de preferencia á hora de escoller quenda, ata un máximo 3 rexistros, pero unicamente se terá en conta o primeiro rexistro que acade praza, sendo borrados os restantes.

LISTAXES PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS E CORRECCIÓN DE ERROS
O 19 de xuño publicaranse na páxina web do Concello de Ribeira, www.ribeira.gal , as listaxes de persoas que solicitaron praza, para a súa comprobación e corrección de erros se fose necesario (tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, publicarase o no de rexistro de entrada da solicitude).

ORDE DE PREFERENCIA
Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles nalgún dos cursos, terán preferencia as persoas
empadroadas no concello de Ribeira (consultarase o censo municipal), e de persistir a mesma situación,
realizarase un sorteo público (o día 22 de xuño, ás 12 horas no salón de plenos municipal).
** advertir que a falsidade nos datos facilitados, poderá ser motivo de baixa automática **
LISTAXES DEFINITIVAS
O 26 de xuño publicaranse na páxina web do Concello de Ribeira, www.ribeira.gal, as listaxes definitivas (tendo en conta a protección de datos de carácter persoal, publicarase o no de rexistro de entrada da solicitude).
Unha vez rematados os prazos e de quedar prazas libres, poderase seguir anotando xente ata que se
esgoten as mesmas, estas anotacións faranse só de maneira presencial na oficina de deportes do
concello de Ribeira, ata o 14 de xullo (Por estrita orde de chegada).

PRAZO E FORMA DE PAGO DAS ACTIVIDADES
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes e publicadas as listaxes definitivas, toda persoa admitida deberá abonar a taxa correspondente (a data límite para facer o pago será o venres 30 de xuño). Para isto deberase entrar na web municipal www.ribeira.gal , no apartado SEDE ELECTRÓNICA – INICIO ‐ TRAMITES DESTACADOS ‐ AUTOLIQUIDACIÓNS –. Cubrir os datos que se requiren do tributo “ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO VERÁN” (nesta pantalla, na marxe superior dereita, haberá un apartado de axuda no cal se explica como cubrir correctamente o formulario) e facer directamente o pago a través da opción PAGAR ONLINE ou IMPRIMIR RECIBO e facer o pago na sucursal bancaria ou no seu caixeiro (Excepto os cursos de iniciación á vela, os cales terán un protocolo de pago distinto que será informado ás persoas participantes unha vez rematados todos os prazos de inscrición).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...