Este días de xuño proseguiron en Noia os traballos de saneamento integral na Barquiña, traballos que inclúen a instalación do bombeo e dunha tubaxe de impulsión, con vistas á eliminación dun punto de vertido na ría.
O alcalde Santiago Freire visitou a semana pasada as obras, onde departiu cos operarios e atendeu as suxestións da veciñanza. Os traballos forman parte dun proceso máis amplo de subministro que afecta a distintos núcleos do municipio, e que inclúe a erradicación de varios vertidos localizados e a prolongación da rede municipal. Esta, a tenor das máis recentes intervencións, xa dá servizo ao 90% da poboación do concello.

O concello de Noia inviste máis de 230 mil euros na instalación do bombeo no porto da Barquiña e a dotación de tubaxe de impulsión en varias rúas desta zona.




