Política Lingüística e Galaxia convocan a XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio

14 Xuño 2023

Este martes 13 de xuño celebrouse en Santiago a presentación das bases da XXIII edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Editorial Galaxia coa colaboración de Caixa Rural Galega. O obxectivo deste certame, que homenaxea a figura deste intelectual, é “impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre en lingua galega, así como fomentar o debate e reflexión arredor dos temas varios do noso tempo”.

Durante a súa intervención, o secretario xeral Valentín García salientou “a gran cantidade de autores en lingua galega que este certame impulsou e apoiou durante máis de 20 edicións, como é o caso de Xosé Antón Cascudo, premiado o pasado 2022 e cuxo libro, A mística na feminidade en Mad Men, temos hoxe entre as mans para presentarlle ao público”.

Este traballo, do que o xurado valorou a súa aposta polo ensaio desde a análise semiótica do audiovisual máis icónico, trata de desvelar as conexión entre a serie de televisión Mad Men, ambientada no Nova York dos anos 60, e o ensaio de Betty Friedan The Feminine Mystique (1963), texto clave do feminismo. No acto, que tivo lugar no compostelán Pazo de San Roque, tamén participaron Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia; Jesús Antonio Méndez, director xeral de Caixa Rural; Armando Requeixo, crítico literario e membro do xurado, e Xosé Antón Cascudo, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022.
As persoas interesadas en participar na nova edición deste certame poderán enviar as súas obras orixinais, que deberán ser inéditas e escritas en lingua galega, por correo certificado á Editorial Galaxia ata o 1 de outubro deste ano.

A decisión do xurado farase pública en decembro e a persoa que resulte gañadora recibirá un premio de 3.000 euros, ademais da publicación do traballo dentro da colección Ensaio de Galaxia. As bases completas poden consultarse no Portal da Lingua Galega.

Presentación no Pazo de San Roque da nova convocatoria do premio. Foto: Xoán Crespo para Europa Press.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.