Outes acolle as fotografías gañadoras e finalistas do 16º Premio de Fotografía Luis Ksado

08 Xuño 2023

Este mes, até o 30 de xuño, podemos ver nas salas de exposición da Casa da Cultura de Outes as fotografías gañadoras e finalistas do 16º Premio de Creación Fotográfica Luis Ksado, convocado pola Deputación da Coruña.

Esta décimo sexta edición está composta por un total de 65 instantáneas.

Nesta convocatoria resultou gañadora a colección Lume de Brais Lorenzo. As e os finalistas foron Fuco Reyes, Sergi Cámara, Carlos Ximénez, Belén Lozano e Arturo Rodríguez.

Máis en concreto, a serie gañadora, Lume de Brais Lorenzo (Ourense), estará acompañada das series Paisaxes da inexistencia de Belén Lozano López (Lugo); La escoria rebelde de Fuco Reyes (Compostela); Máscaras del Entroido Gallego. Festival VIBO 2022 de Carlos González Ximénez (Madrid); Europa “not welcome” de Sergi Cámara (Barcelona); e Vulcanonautas de Arturo Rodríguez (Tenerife).

A serie gañadora, presentada por Brais Lorenzo, narra a traxedia que, para Galiza e para o mundo, representan os incendios, como consecuencia do cambio climático, do despoboamento do campo e da irresponsabilidade dos pirómanos, entre outros factores. O xurado salientou de Lume “a actualidade do tema contado nunha secuencia que visualiza o drama humano, máis o ecolóxico”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...