Este mércores 21 de xuño vaise celebrar en Porto do Son un concerto para mostrar o importante talento musical da rapazada e a mocidade da nosa comarca. Será na praza de España ás 21.00 horas, e actuará, como broche de ouro do ano académico que agora remata, o alumnado do Conservatorio Municipal de Noia (Conservatorio Felipe Paz Carbajal) e máis da Escola de Música de Porto do Son. Será un concerto de banda e coro, organizado polas dúas entidades docentes e co apoio do Concello local.




