Os empresarios de Ribeira piden aos grupos políticos que velen polo ben do concello ante o clima de incerteza que xerou as eleccións

01 Xuño 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira compartiu unha carta aberta dirixida aos grupos políticos con representación en Ribeira, na que se lles achega o punto de vista da patronal (e a súa preocupación polo clima de incerteza xerado) acerca dos resultados das pasadas eleccións municipais deste domingo, nas que o Partido Popular foi a forza máis votada, con dez concelleiros, pero sen acadar a maioría absoluta, seguida do BNG (cinco actas), o PBBI (cinco actas) e o PSOE (unha acta).

Na súa carta os empresarios fan saber que “despois das últimas eleccións e como consecuencia dos resultados das mesmas, queremos facer chegar a todos e cada un dos políticos que alcanzaron representación para formar a xunta de Goberno do Concello, a nosa preocupación polo devir dos proxectos e retos pendentes de lograr e executar”.

E engaden: “Pedimos ao ou aos partidos que logren alcanzar a gobernabilidade no noso Concello, pensen e sexan fieis ao que prometeron nas súas campañas alcanzar o mellor para Ribeira”, é por iso que solicitamos que se deixen ao carón os egos persoais, así como os intereses de partido aparcados en aras dun logro común que é o ben de toda a cidadanía de Ribeira.

E proseguen: “Obras en proxecto como a nova sede dos nosos maiores, a tamén nova sede do Centro de Saúde, ou obras xa en marcha como a variante e o polígono industrial, así como outras que están por vir, non deben verse afectadas pola política de partidos e quedar relegadas, xogámonos o presente e o futuro das xeracións vindeiras”.

A carta, asinada polo presidente da patronal Francisco Martínez Gude, conclúe deste xeito: “Desde a nosa coñecida independencia política, solicitamos de todos que miren única e exclusivamente por Ribeira e as súas xentes”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.