O PSOE provincial propón a Valentín González Formoso para revalidar a Presidencia da Deputación

20 Xuño 2023

O actual presidente en funcións da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, foi proposto esta tarde polo comité provincial do PSOE coruñés como candidato a revalidar a presidencia da institución no vindeiro mandato. A candidatura de Formoso foi aprobada por aclamación.
O secretario provincial , Bernardo Fernández subliñou que os gobernos da Deputación da Coruña presididos polos socialistas nos últimos anos “supuxeron importantes avances” para os municipios da provincia: “hoxe os concellos coruñeses reciben máis fondos e teñen maior autonomía grazas ao Plan Único, apostouse como nunca antes pola creación de emprego e polo benestar social e creáronse novas oportunidades para dinamizar e mellorar a calidade de vida no rural”, afirmou o secretario provincial do PSOE, que destacou que o obxectivo “é seguir avanzando nesa senda de progreso nos vindeiros catro anos”.
Pola súa parte, González Formoso destacou que “hoxe damos un paso máis na consolidación do proxecto que xa leva uns anos mudando esta provincia e a propia institución”, adiantando que “daremos prioridade ás políticas para facer fronte ao reto demográfico”.

Grupo Provincial Socialista
Ademáis da aprobación do candidato á presidencia da Deputación da Coruña, a executiva provincial aprobou tamén por unanimidade os nomes dos dez deputados e deputadas que integrarán o Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña tras as eleccións municipais do pasado 28 de maio.

“A proposta foi aprobada por unanimidade tras a celebración de reunións dos concelleiros e concelleiras socialistas electos en cada un dos partidos xudiciais da provincia”, explicou Bernardo Fernández, que destacou que “se trata dun equipo de homes e mulleres cohesionado e preparado para gobernar desde o
primeiro minuto, cunha ampla experiencia en xestión municipal”.

Os deputados e deputadas provinciais socialistas no vindeiro mandato serán: Valentín González Formoso, alcalde de As Pontes, e Rosa Ana García López, concelleira en Valdoviño, polo partido xudicial de Ferrol; Mónica Ródríguez Ordóñez, alcaldesa de Vimianzo, polo partido xudicial de Corcubión; Antonio Leira Piñeiro, concelleiro en Oroso, e María del Mar García Vidal, concelleira en Negreira polo partido xudicial de Santiago; Bernardo Fernández Piñeiro, alcalde de Pontedeume e secretario provincial do PSdeG-PSOE, polo partido xudicial de Betanzos; José Manuel Lage Tuñas, concelleiro na Coruña; Yoya Neira Fernández, concelleira na Coruña, José Ramón Rioboo Castro, alcalde de Culleredo e Cristina Capelán Cancelo,
concelleira en Cerceda, polo partido xudicial da Coruña.

Outros artigos

A Creba recibe 56.220,67 euros da Deputación da Coruña

A Asociación A Creba, entidade do Barbanza e e Muros e Noia centrada na inclusión e na desestigmatización das persoas que padecen doenzas e trastornos relacionados coa saúde mental, vén de comunicar que recibiu da Deputación de A Coruña dúas subvencións dun total de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.