O programa A Fiestra da Cultura de Ribeira 2023 inclúe este verán unha trintena de actividades

30 Xuño 2023

A concellería de Cultura en funcións, María Sampedro, presentou na mañá deste 30 de xuño a programación da Fiestra da Cultura para este verán de 2023: unha proposta que engloba os distintos eventos da Concellería que dirixe para os meses de xullo, agosto e setembro. Desta volta, dixo, a axenda vén cunha trintena de espectáculos e actividades, gratuítas e abertas a toda a cidadanía. Para darlle forma contouse coa colaboración da Deputación da Coruña, a través da Rede Cultural, e da Xunta de Galicia a través de programas como Cultura no Camiño.

O programa desta edición deste ano reúne concertos, actuacións cómicas, novo circo, exposicións, cine ao aire libre, contacontos, maxia, danza contemporánea e un longo etcétera, que chegarán non só a Ribeira senón tamén, seguindo a liña marcada en anos anteriores, a distintos lugares das parroquias do municipio.

A axenda ábrese este sábado, día 1 de xullo, coa inauguración ao mediodía no Centro Cultural Lustres Rivas dunha exposición da artista ribeirense Carmen Sampedro. Trátase dunha mostra de pintura e poesía que estará aberta ao público ata finais de mes. Neste mesmo sábado día 1 tamén está programado o festival Tahume entre folclores, presentado hai uns días.

As seguintes accións, serán tres contadas para público adulto, enmarcadas no Festival Atlántica de Narración Oral, e que serán o día 2 de xullo (domingo) no Lavadoiro de Penisqueira (Aguiño), o xoves 6 de xullo no Miradoiro de Pedra da Ra, e o venres 7 de xullo no Piñeiral da Corna en Palmeira. As tres sesións serán ás nove da noite.

Tamén achegarase cinema ao aire libre, en modalidade autocine. A primeira sesión será o venres 7 de xullo no exterior do Centro Social de Oleiros coa película Space Jam. Nuevas Leyendas, e a esta proxección seguiranlle outras o 28 de xullo con Demonios de Barro en Olveira e o 11 de agosto coa premiada Unicorn Wars no aparcadoiro de punta do Castro en Castiñeiras.

O programa proseguirá con máis accións nas parroquias, pois os días 28 e 29 de xullo volverase contar co festival Mar aberto. Concertos na fin da terra da man da Xunta de Galicia, e que traerá as actuacións de Sheila Patricia, The Gift, Allova ou Blanca Paloma entre outros artistas. É unha proposta que “permitirá gozar da música e a cultura nun espazo emblemático como é o Faro de Corrubedo e que cada ano suma máis seguidores”, sinalou a concelleira, que quixo destacar tamén a posta en valor doutro recurso natural e cultural como é o Dolmen de Axeitos e por iso para o 12 de agosto preparouse no seu entorno un pequeno espectáculo de Iseo a Moura, titulado A Grandeza do pequeno e que está dirixido á poboación infanti.

As disciplinas de circo, acrobacias, maxia e música tamén terán o seu oco neste programa coas actuacións da compañía Sempre Arriba, o grupo de percusión Odaiko, a maxia e rock do Mago Teto, Inventi teatro ou Gazhafellos. Estas actuacións, dirixidas a todos os públicos, serán os sábados, ás dez e cuarto, no paseo do Malecón ou na praza de Porta do Sol, segundo as necesidades e características de cada unha delas, onde instalaranse como é habitual cadeiras para a comodidade dos asistentes.

Tamén en Ribeira, coincidindo coas datas das Festas de Verán, contarase con actuacións para público infantil e familiar na praza do Concello a mediodía con Migallas Teatro e Fantoches Baj, así como a actividade Cantando contando que achegará xogos de habilidade, inchábeis e festa da escuma. Ademais na praza de España poderase gozar do espectáculo de Milladoiro 40 anos dende Maeloc e na praza de Porta do Sol o Concello organizará a Mostra de Música e Danza Tradicional na que participarán distintas formacións do municipio e que terá como broche de ouro final a actuación da compañía de Fran Sieira co seu novo show Neutrx.

A axenda tamén inclúe outras propostas en colaboración tamén con distintos colectivos como a II Feira do Vinilo, a II edición do Festival Etal Equal, a celebración do Día de San Cristovo, a exposición da Fundación Igual Arte sobre as Illas Atlánticas, unha mostra colectiva que nos achegarán distintos artistas da Galería O Faiado, e tamén a exposición de Francisco Paz xa no mes de setembro.

Todo este programa poderase consultar no cadríptico da Fiestra da Cultura que editou a área de Cultura e que terá distribución nas oficinas de turismo, no Centro Cultural Lustres Rivas e noutros lugares e que tamén se publicará na web municipal (www.ribeira.gal) e nas redes sociais. Ademais poderase ir completando con outros eventos e espectáculos que se irán anunciando no seu momento.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.