O Museo do Gravado de Artes organiza tres cursos de linogravado ao abeiro das homenaxes galegas a Picasso

29 Xuño 2023

O Museo do Gravado de Artes organiza esta tempada 3 cursos de linogravado, tres actividades formativas dirixidas polo profesor José Fuentes, da Universidade de Salamanca, e polos profesores Antonio Navarro e Isabel Carralero, da mesma institución académica. O número de asistentes a estes tres cursos é de 40 persoas. Prorceden da nosa comarca (Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Noia) pero tamén Ourense, Bizkaia, León, Alacante, País Vasco, Lugo, Oviedo, A Coruña, Cáceres, Santiago, Valladolid, Albacete e Madrid.

Estes obradoiros realízanse grazas á colaboración da Deputación da Coruña e á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Datas das edicións dos obradoiros:
-27, 28 e 29 de xuño
-30 de xuño, 1 e 2 xullo
-3, 4 e 5 de xullo

Esta actividade ten a súa orixe nas celebracións de homenaxe a Pablo Pîcasso celebradas en Galicia en 2023, debido aos anos de xuventude que o artista pasou na nosa terra. A Fundación Museo das Artes do Gravado á Estampa Dixital e o Museo do Gravado sumáronse aos eventos previstos para esta efeméride. Entre as actuacións programadas está ha de ofrecer varias edicións do dito Obradoiro de
Linogravado.

A Fundación e o Museo explican que Picasso, na súa longa e fecunda traxectoria artística, dedicou moita atención á obra gráfica, onde atopou “un medio de creación alternativo ao debuxo e á pintura”. Entre as técnicas que espertaron o seu interese atópase o linogravado co que realizou 199 imaxes. Ademais, súa inqueda personalidade creadora fixo que tamén nese medio incorporara un amplo repertorio de achegas gráficas que se concretan en procesos técnicos e métodos de linogravado anovadores.

“Coa proposta deste obradoiro queremos render homenaxe a este mestre universal da arte e fixémolo organizando un curso onde os artistas participantes realizarán dúas imaxes distintas: unha realizada en linogravado con liña negra e outra en linogravado dixital”, engaden.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...