O contrato do Servizo de Axuda no Fogar de Ribeira suscita o interese de nove empresas

09 Xuño 2023

A licitación do contrato de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do Concello de Ribeira recibiu un total de nove de empresas segundo se desprendeu da apertura dos sobres por parte da mesa de contratación.

O Concello explica que o contrato ten un orzamento base de 1.696.620,64 euros, IVE incluído, e unha duración dun ano, que podería prorrogarse un ano máis.

De acordo co prego de condicións técnicas, este servizo “está aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia domiciliadas no termo municipal de Ribeira para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente e o procedemento establecido, supoña un recurso idóneo de atención”. De modo particular, o servizo atenderá “a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con diversidade funcional”, especialmente cando carezan de apoio persoal na súa contorna inmediata, distinguíndose os seguintes tipos de acceso:

a) SAD Libre Concorrencia: Orientado a persoas que non teñan un dereito de atención recoñecido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia.

b) SAD dependencia. Atenderá a persoas en situación de dependencia que teñan resolución aprobatoria do programa individual de atención (PIA) no marco do Sistema de Autonomía e atención á Dependencia (SAAD).

c) SAD urxencia. Orientado a persoas con limitación de autonomía que requira unha intervención urxente polas súas circunstancias persoais e valorada esta circunstancia pola técnica/o responsable do programa de axuda a domicilio.

d) SAD socio familiar. Orientado a persoas que requiran apoio ás súas capacidades persoais para mellorar a dinámica familiar e a relación social mediante a adquisición e desenvolvemento de habilidades que preveñan ou modifiquen condutas e situacións de risco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.