O Concello de Ribeira formalizou a compra da nave que servirá de sede ao GAEM e a Protección Civil

23 Xuño 2023

O Concello de Ribeira formalizou ante notario a compra da nave que vai servir de sede ao Grupo de Emerxencias e Acción Municipal (GAEM) e de Protección Civil de Ribeira e que, conforme ao acordo plenario adoptado en febreiro do ano 2019, recibirá o nome do veciño de Carreira Manuel Dieste Mos, fundador da citada agrupación.

A compra tivo un importe de 210.000 euros e a nave en cuestión está situada en Cubelo, nunha finca de 2.462 metros cadrados situada nas inmediacións da escola infantil municipal e do colexio de Frións. O inmóbel conta cunha superficie de 533 metros cadrados, con alturas que oscilan entre 4,60 e 6,90 metros cadrados.

O Concello lembrou que xa dispón dun proxecto de acondicionamento que conta cun orzamento de execución material de 79.369 euros. De acordo con este documento, vaise remodelar o espazo para poder albergar unha zona de atención ao público (con recepción e un despacho), ademais de realizar distintas dependencias como vestiarios, zonas de descanso diúrno e nocturno, garaxe e almacén situado nun faiado aberto (entreplanta) para albergar produtos delicados ou fráxiles.

O prazo de execución son 4 meses.

Actualmente, GAEM e Protección Civil teñen as súas dependencias no andar soto da Casa Consistorial: un espazo que, a raíz das obras de reforma do edificio previstas e co-financiadas con fondos Next Generation, destinarase a ampliar as oficinas do persoal da administración centralizado na Casa do Concello e resolver as carencias existentes neste sentido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.