O Concello de Boiro celebra as Festas do Verán 2023 entre este venres 30 de xuño e o 5 de xullo e co obxectivo de “coordinar a seguridade e organización durante os festexos” celebrouse esta semana unha xunta de seguridade onde se estableceron os medios e dispositivos especiais con motivo das celebracións.

En canto aos cortes de rúa, para a instalación das atraccións das festas estará cortada para o montaxe, desmontaxe e desenvolvemento dos festexos unha das marxes da avenida da Constitución no treito comprendido entre o cruce da avenida da Avellaneda (rotonda da piscina municipal) e o cruce coa DP-1106 (rotonda de Abanqueiro).
O carril de baixada cortarase todos os días das festas, como norma xeral ás 20.00 horas, podendo producirse os cortes de rúa antes debido á gran afluencia de xente, estando permitido o acceso aos garaxes. O mesmo acontece coa rúa Robustiano Pérez del Rio, que quedará cortada a partir das 20.00h agás para acceso a garaxes, aparcamento municipal e taxis e a av. de Barraña, onde desviarase o trafico que provén de Cabo de Cruz pola rúa María Mariño a partir das 20.00 horas.
En canto ao tráfico pesado que vén de Cabo de Cruz, non terá permitido o paso polo núcleo urbano polo que tamén se desviará pola rúa María Mariño e avenida da Avellaneda. A rúa Vimieiro terá un cambio de sentido para o acceso aos garaxes dos edificios da zona e o domingo, con motivo do espectáculo pirotécnico na av. de Barraña, non se poderá estacionar no tramo da av. da Avellaneda comprendido entre a av. Empresario Jesús Alonso e a praia de Barraña.
Polo que respecta á parada de autobús situada na Cachada trasládase durante a celebración dos festexos á avenida da Avellaneda.
O Concello de Boiro reforza o dispositivo de seguridade e emerxencias durante as festas do verán para “minimizar as incidencia”s. A Policía Local contará con servizo 24 horas durante os festexos, contarase coa colaboración da Gardia Civil, o Servizo de Protección Civil e Emerxencias, ambulancia e bombeiros.
Programa das festas
O programa de actividades comeza este venres 30 de xuño e prolongarase ata o mércores 5 de xullo con espectáculos e actividades para todos os públicos. As actividades comezan ás 20.00 horas coa charanga TNT que percorrerá as rúas de Boiro e ás 22.00 horas terá lugar o pregón inaugural a cargo do tecido cultural boirense. A festa continúa coa orquestra La Principal na praza de Galicia, Familia Caamagno na praza do Centro Social e Remember Fest con Peñas Boiro na Cachada.



