O CEIP de Outes participou este xoves nunha xeira de erradicación de invasoras no río Tins

15 Xuño 2023

Até 70 nenas e nenos do Colexio de Outes participaron este xoves 15 de xuño nos traballos de eliminación de especies exóticas invasoras nas beiras do río Tins. Tamén traballaron estudantes da especialidade de control e protección do medio natural do CIFP de Santiago de Compostela. A xornada ambiental de erradicación de exóticas foi cualificada de “éxito total” pola organización. Os traballos encadráronse no proxecto de recuperación Renatur_Outes.

En detalle, centráronse na eliminación dunha mancha de herba da fortuna (Tradescantia fluminensis), especie invasora que impide a presenza das especies propias dos habitats de ribeira. Os escolares e voluntarias participantes tamén puideron coñecer outras especies presentes no río, como a acacia negra (Acacia melanoxylon), a mimosa (Acacia dealbata) e a falsa acacia (Robinia pseudoacacia), sobre as que se centraran futuras intervencións.

O proxecto, liderado polo Concello de Outes, conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) así como co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

O proxecto ReNatur_Outes continuará traballando nos dous próximos anos con outras accións de limpeza de residuos da contorna fluvial, sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas e fomento a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. “Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto”, informan dende Montescola.


Outros artigos

José González loa o traballo de ADISBISMUR pola inclusión laboral

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe en Outes o Centro Especial de Emprego da Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) para coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a entidade e as...

+

Este 15 de agosto volve A Feiriña de Outes

O Concello de Outes, a través do Servizo de Normalización Lingüística, vai organizar esta fin de semana a nova edición (a sétima) da Feiriña, un encontro para reivindicar as relacións veciñais e comerciais tradicionais, a creatividade local (e galega) e a dinamización...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.