Mobilización tamén en Rianxo como repulsa ao asasinato machista de Oia

05 Xuño 2023

A nosa comarca sumouse ás mostras de repulsa contra o feminicidio desta fin de semana pasada en Oia. Se hoxe pola mañá informabamos da mobilización da Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción), que convocou unha nova concentración este luns 5 de xuño ás 20.30 horas na praza do Concello de Ribeira, cómpre lembrar tamén a mobilización fixada para as 20.00 horas en Rianxo, da man do grupo local da Marcha Mundial das Mulleres e o Concello. Será na praza de Padrón.

A listaxe de localidades nas que se organizan mobilizacións podemos vela na web www.feminismo.info.

Os feitos que se denuncian nesta nova concentración aconteceron esta fin de semana nun camping de Oia (Pontevedra), onde foi asasinada Ana Vanesa pola súa ex parella, que se suicidou dun disparo nun monte próximo ao lugar dos feitos. O home (un axente da Garda Civil) tiña orde de afastamento de 300 metros da vítima e prohibición de comunicarse con ela. O presunto autor do feminicidio suicidouse sobre as 22.15 horas deste sábado tras máis dunha hora na que os axentes tentaron dialogar con el para que se entregase.

Outros artigos

Achan cadáver flotando no mar en Rianxo

Esta tarde, ao redor das catro, foi localizado o cadáver dun home flotando no mar, á altura de Punta Abuín, na desembocadura del Río Ulla, na parroquia de Leiro. Aínda que aínda falta a confirmación oficial, sospéitase que podería tratarse de Félix Triñanes Sánchez,...

+

Rescatado un corvo mariño ferido en O Burato, no concello de Rianxo

Consorcio Contra Incendios e de Salvamento A Coruñ Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados no mediodía do día 8 de outubro dun corvo mariño ferido en o Burato, no concello de Rianxo. O animal estaba no medio da rúa, apoiado no muro dunha vivenda,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...