Galicia rexistrou unha primavera meteorolóxica moi cálida e seca, segundo o avance do informe estacional de MeteoGalicia

07 Xuño 2023

Durante a súa visita ao radar meteorolóxico de Cuntis, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez subliñou que as temperaturas desta primavera, cunha media de 14,2 graos, foron case dous graos máis altas do esperado neste período. “Temos que remontarnos ao ano 2011 para atopar un precedente máis cálido”, salientou a conselleira, quen tamén fixo fincapé en que no mes de maio a temperatura media elevouse ata os 16,4 graos.
No que atinxe ás precipitacións, a Comunidade rexistrou unha primavera moi seca cun 24% menos de chuvias das esperadas. Máis polo miúdo, o mes de marzo foi lixeiramente húmido -117 litros por metro cadrado de media- e abril foi seco -68 litros por metro cadrado-. No caso de maio, as precipitacións estiveron asociadas aos fenómenos tormentosos, polo que aínda que houbo zonas con máis chuvia da habitual, choveu un 37% menos do normal neste mes, polo que foi moi seco.
A conselleira tamén fixo fincapé en que nos últimos tres meses rexistráronse en Galicia preto de 13.700 raios, dos que o 99% (13.583) corresponden aos últimos 6 días de maio.

Radar de Meteogalicia no Monte Xesteiras no concello de Cuntis


Este fenómeno repetiuse nos primeiros cinco días de xuño, cando se rexistraron un total de 8.556 raios.
Nesa liña, a conselleira puxo en valor o radar meteorolóxico de Cuntis como unha das “principais ferramentas” coas que conta a Xunta para a realización das predicións de MeteoGalicia. A súa situación a preto de 50 metros de altura permite unha excelente visión das frontes que chegan á Comunidade desde o Atlántico e o Cantábrico así como una monitorización precisa da evolución dos fenómenos meteorolóxicos.
Así, este radar, que está en funcionamento desde 2010, permite realizar a detección, descrición, seguimento e predición a curto prazo da meteoroloxía. De feito, grazas aos datos recollidos nesta instalación os técnicos de MeteoGalicia poden, por exemplo, calcular o tipo de precipitación e intensidade ou cuantificar a neve e sarabia acumuladas. Esta visita ao radar meteorolóxico de Cuntis enmárcase na Semana por unha Galicia sostible organizada pola Consellería para conmemorar con diversos actos e iniciativas o Día mundial do medio ambiente.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...