
Houbo un tempo non lonxano no que o sector pesqueiro galego tiña unha resposta positiva en todo o abano de frotas, cuestión que se reflectía nas organizacións nacionais e europeas que, cando non estaban presididas por representantes de empresas ou entidades desta comunidade autónoma, cando menos tiña membros delas mas directivas.
Aínda conservando parte de tal representación, o certo é que son outros os directivos que ostentan aqueles cargos antes en mans de galegos, recoñecendo plenamente que, organizacións como as confrarías de pescadores e os poucos bacalloeiros que quedan en España, seguen presididas por galegos.
Perde forza a pesca galega no contexto nacional?. Será unha galega a próxima ministra de Agricultura e Pesca dun goberno presidido por Alberto Núñez Feijoo?.
Sexa así ou non, o feito é que a solpresa saltou esta semana na organización CC SUR, que pasa a estar presidida por un galego que soubo, desde fai anos, endereitar o rumbo que seguía a Organización de Produtores da Pesca de Burela (OPP-7): Sergio López.
Licenciado en ciencias económicas e durante máis de dez anos traballando nos pósitos de pescadores de Galicia, e desde o ano 2017, xerente da citada OPP-7, Sergio López ven de ser elixido en Nantes (Francia) presidente do Consello Consultivo para as Augas Sur Occidentais (CC- SUR).
Na Asemblea desta entidade foron validadas as contas e actividade do exercicio 2022-23 ao tempo que se daba a coñecer o novo programa de traballo e orzamento para 2023-24 así como as liñas e convocatorias das asembleas extraordinarias para a renovación dos 25 representantes do comité executivo e os cargos de vicepresidente e presidente.
Deste xeito, Sergio Lopez convértese no terceiro presidente do CC. SUR, en substitución de Auyrelio Bilbao, xerente de Opescaya e das confrarías de pescadores de Biscaia, quje prrsidira dirante os últimos 12 anos, após Víctor Badiola, o primeiro presidente no período 2007-2011.
A elección de Sergio López rexístrase “nun momento clave para o futuro do sector pesqueiro diante das actuais tendenzas políticas que ameazan a actividade”, segundo dixo o novo presidente quen, a máis, citou as potencialidades dun sector “que aporta a proteína animal máis san, reduce a pegada de carbón e máis a pegada hídrica, que xera riqueza e emprego en zonas alonxadas dos centros industriais,e que é un exemplo de conservación do medio mariño, o seu medio de vida”.
Sergio López fixo un chamado a todos os axentes e pediu a bandeira do coñecemento, o debate e o concurso: “A unión de todos é necesaria nun momento como o actual”.



